martes, 9 de agosto de 2011

Union Europea

Algúns soñadores nestes últimos anos viñan pensando en que Europa podería recuperar a importancia perdida no panorama internacional dicían grazas a importantes medidas como a formulación e ratifiación por parte dos estados membros da Constitución Europea. Soñaban cos Estados Unidos de Europa.



1. La presente Constitución, que nace de la voluntad de los ciudadanos y de los Estados de Europa de construir un futuro común, crea la Unión Europea, a la que los Estados miembros atribuyen competencias para alcanzar sus objetivos comunes.
La Unión coordinará las políticas de los Estados miembros encaminadas a lograr dichos objetivos y ejercerá, de modo comunitario, las competencias que éstos le atribuyan.

Este é o primeiro punto de dita Constitución. O primeiro que se me pasa pola cabeza ó léelo é dicir: Bueno, estas de coña? Seremos capaces de chegar a isto algún día?.
Na miña humilde opinión penso que estamos ben ben lonxe se o dubidades mirade a prensa.

Temos encima unha crise económica importantísima que xa se levou por diante a tres Estados membros e que ten na corda frouxa a outros dous. A lóxica di que dous fan máis que un pero Europa perdeu a capacidade re raciocinio. A situación actual exise levar a cabo un regulación do sistema financeiro como mínimo a nivel comunitario pero somos incapaces de facelo. Poderíase aliviar a situación de algún membros da Unión se se emitisen Eurobonos pero Alemaña oponse posto aumentaría o custo da súa financiación.

Xa lonxe da economía vemos con dende algún países como Dinamarca se plantexan recuperar os controis aduaneiros.
A opinión da UE ante conflitos internacionais non merece consideración por non dicir que non vale un peso. O exemplo máis claro é o da revolución en Libia mentres a Unión se posicionaba a favor da intervención Alemaña e Libia opoñíanse.

Así poderiamos estar enumerando sucesos todo un día. Estamos moi lonxe de estar unidos non porque non se poda nin moito menos o problema é que non existe vontade política.

No hay comentarios:

Publicar un comentario