miércoles, 10 de agosto de 2011

Pepeadas que nos van custar caras


Cada vez que escoito falar ó PP de Galeguismo revólvenseme as tripas é como ver ó patriarca dos Charlines xogar un partido contra a droga, non pode existir máis falsidade.

Xa son coñecidos por todos os sucesivos ataques do PP á nosa lingua, o abandono nos medios en galego e o ERE encuberto na educación.

A última gran fazaña do PP por impulsar e conservar a nosa cultura ven da man da concelleira de cultura da Coruña Ana Fernández esta sostén dúas "verdades como puños" "Hasta agora se estiveron programando cosas demasiado gallegas" e "La cultura tiene que estar en un idioma que entiendas"

Palabras como estas danme ganas de pergarme un tiro, como pode estar gobernando xente que pensa deste xeito?

De todos xeito aplaudo a Carlos Negreira fixo unha obra de caridade moi grande, ten gañado o ceo, sabía que unha analfabeta integral na situción na que está o país tería complicado encontrar un traballo. El como bo samaritano e para que levara un soldo á casa ofreceulle unha concellería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario