Hoxe dándolle voltas á materia de Xestión dos Servizos de Enfermería encontreime cunha situación ben ben curiosa.
Empecei a ler o tema e empezan a contarme as fazañas dun señor chamado Henry Fayol. Resulta que este home hai xa unha chea de anos propuxo os 14 piares ou principios da Administración. Ata aquí nada novo, un coñazo como é de esperar desta materia.
Púxenme e lelos como quen mira a lista do super e ó final de todo encontrei un que me chamou a atención. O señoriño este establecía como un dos piares a Estabilidade no posto.
Resulta paradóxico, máis ben, moi, moi, paradóxico que o temario que estudas para traballar nun hospital fale de algo que despois no caso dos enfermeiros moi rara vez se cumple. Estabilidade no posto? JAJAJAJAJA,
Como reza a BIO de @enfermerasaturada "Empiezo el turno en planta, bajo a uci, subo a prematuros y termino en urgencias" de estarnos quietas nada! Un día nun servizo, ó seguinte día noutro e así pásaste un montón de anos...
Que calidade asistencial podemos ofertar traballando deste xeito? Non digo que se poña en perigo a integridade do paciente nin moito menos, pero unha enfermeira que un día traballa en trauma, ó mes está en derma e ó ano está en medicina interna non pode garantir a mesma calidade asistencial que alguén que leva 4 anos traballando nun servizo pero bueno parece que os "mandamases non se leron o temario que a ti che mandan estudar para o EIR ou para a OPE...
Que vida esta... xd