domingo, 30 de septiembre de 2012

Se non nos deixades soñar non vos deixaremos durmir

A crise está a impor ós cidadáns un Estado Policial e Totalitario. Este Estado que estamos a sufrir actualmente, está violando sistematicamenteos dereitos fundamentais. Con todo hai un dereito non recoñecido que non poden violar e que xamáis nos poderán quitar, o Dereito a Soñar.

Poderán corrernos a paus para que non nos xuntemos nunha praza, poderán acalar as voces do pobo controlando medios de comunicación  pero nunca poderán facer que os cidadáns deixen de soñar cunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaría. Mentres estes soños perduren, a loita seguirá.






domingo, 23 de septiembre de 2012

Carta de Renuncia

Moi ó meu pesar, nos próximos días, comunicareille a XSG a miña baixa nesta organización. Despois dunha vagaxe importante, decidin ser fiel ás miñas ideas e traizoar o meu corazón. E digo isto, porque tanto a XSG como eu somos fieis ós vellos principios do partido republicanismo, federalismo, solidaridade...

O que me leva  tomar esta decisión, é ver un Partido Socialista sumiso a un aperello político retrógrado que fai caso omiso das demandas dos militantes e a cidadanía e que se pasa moitos principios ideolóxicos do socialimo polo "arco do triunfo".

Estou farto de escoitar promesas, estou farto de demandar sempre o mesmo, estou farto de esperaras, estou farto de que vos olvidedes sempre dos mesmos e sobre todo estou farto de sentirme responsable de políticas cas que non comulgo.

Non podo  seguir vendo como somos incapaces de presentar unha alternativa de esquerdas á crise, como se arman listas a dedo, como facemos oídos xordos á petición unánime de democracia interna, como nos adentramos máis e máis no centrismo.

Dicía Cabanillas  na Traxedia das follas:

Chega o refacho de vento polo outono!
   Tronza i esgasa as ponlas; as folliñas
   que se queixan mimosas arrincando,
   xoga con elas un instante; lévaas 
  ó longo do camiño; contra un valo
vainas xuntando, pouco a pouco, en feixes;
destrénzase de pronto en remuíños,
ergue o montón, escarrexado brúa
e, baténdoas con rabia tola, guíndaas
nas rodeiras dos carros antra a lama,
nas cunetas de fondos enlixados
ou nas revoltas  augas dunha aberta...


Eu non vou a ser unha desas follas que o refacho de vento bata con rabia tola.