O que me leva tomar esta decisión, é ver un Partido Socialista sumiso a un aperello político retrógrado que fai caso omiso das demandas dos militantes e a cidadanía e que se pasa moitos principios ideolóxicos do socialimo polo "arco do triunfo".
Estou farto de escoitar promesas, estou farto de demandar sempre o mesmo, estou farto de esperaras, estou farto de que vos olvidedes sempre dos mesmos e sobre todo estou farto de sentirme responsable de políticas cas que non comulgo.
Non podo seguir vendo como somos incapaces de presentar unha alternativa de esquerdas á crise, como se arman listas a dedo, como facemos oídos xordos á petición unánime de democracia interna, como nos adentramos máis e máis no centrismo.
Dicía Cabanillas na Traxedia das follas:
Chega o refacho de vento polo outono!
Tronza i esgasa as ponlas; as folliñas
que se queixan mimosas arrincando,
xoga con elas un instante; lévaas
ó longo do camiño; contra un valo
vainas xuntando, pouco a pouco, en feixes;
destrénzase de pronto en remuíños,
ergue o montón, escarrexado brúa
e, baténdoas con rabia tola, guíndaas
nas rodeiras dos carros antra a lama,
nas cunetas de fondos enlixados
ou nas revoltas augas dunha aberta...
Eu non vou a ser unha desas follas que o refacho de vento bata con rabia tola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario