martes, 19 de junio de 2012

Euroesterco

O outro día mentres lle botaba unha ollada á prensa vin unha foto que me fixo acordarme das nais dos homes de negro, da Troika, de Angela Merkel e o dios que os fixo.

Na foto saía unha familia grega ó completo pedindo esmola. Non entendo demasiado de macroeconomía nin de microeconomía pero sí entendo de humanidade. O que se vía nesa foto era para estarse tirando dos pelos 15 días.

Pensaba máis tarde como me sentiría se fose o pai de familia e chegaba á conclusión de que houbese seguido o exemplo de Dimitris Christoulas.

A que esperamos a facer algo por  toda esta xente? Empeza a haber desnutrición infantil en Grecia, para onde mira Europa?  Non se vos cae a cara de vergoña deixando morrer a xente de fame mentres lle sacades as castañas do lume ós banqueiros? Por que non deixades de mirar cada un para o voso embigo e tratades de solucionalo entre todos?





Se isto é Unión Europea que veña deus e que o vexa...

sábado, 9 de junio de 2012

Enterámonos de todo vendo Baby Boom

Felicito a tódolos compañeiros que xa son enfermeiros a outros tócanos esperar un pouquirrichiño máis, ata xullo. Ainda que non me quede nada xa para selo non comparto a súa ledicia.

Agora mesmo, tendo en conta todo o que estamos a vivir 10.000 enfermeiros parados, non se cubren baixas, non se contrata, recortes por valor de 10.000 millóns en sanidade e economía, o rescate económico que exisirá facer máis recortes... Tendo en conta todas estas cousas non creo que teñamos moita cousa que celebrar... Non o digo polos recortes en si que xa son tristes senón polo feito de que non vamos a ter onde traballar, non vamos a ter onde satisfacer a nosa ansia de coidar.


De momento do único que nos vai servir a carreira é para enterarnos de todo o que pasa en Baby Boom.