O outro día mentres lle botaba unha ollada á prensa vin unha foto que me fixo acordarme das nais dos homes de negro, da Troika, de Angela Merkel e o dios que os fixo.
Na foto saía unha familia grega ó completo pedindo esmola. Non entendo demasiado de macroeconomía nin de microeconomía pero sí entendo de humanidade. O que se vía nesa foto era para estarse tirando dos pelos 15 días.
Pensaba máis tarde como me sentiría se fose o pai de familia e chegaba á conclusión de que houbese seguido o exemplo de Dimitris Christoulas.
A que esperamos a facer algo por toda esta xente? Empeza a haber desnutrición infantil en Grecia, para onde mira Europa? Non se vos cae a cara de vergoña deixando morrer a xente de fame mentres lle sacades as castañas do lume ós banqueiros? Por que non deixades de mirar cada un para o voso embigo e tratades de solucionalo entre todos?
Se isto é Unión Europea que veña deus e que o vexa...

No hay comentarios:
Publicar un comentario