domingo, 25 de noviembre de 2012

Violencia Estrutural

Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hai un tempo, o "liberal" reconvertido a fascista popular, o señor Gallardón, presentou no congreso dos deputados a teoría da violencia estrutural. Non hai teoría en este mundo, máis xenuína e rompedora. Nin a mesmísima Teoría de Cordas lle fai sombra.
O neofascista sostiña ó seguinte: “El legislador no debe ser indiferente a la situación de muchas mujeres que ven violentado su derecho a ser madres por la presión que ejercen a su alrededor determinadas estructuras”

Eu fixen durante un tempo prácticas en xinecoloxía, vin e tratei a mulleres que ían abortar. Xuro que entre o instrumental que utilizábamos nesa unidade non había nin tasers nin fustas nin ningún tipo de ferramenta utilizada para obrigar a abortar a ninguén. Tampouco vin xente dos sindicatos, nin do PSOE, EU, 15M, nin da FELGTB adoutrinando mulleres para que abortaran.

As mulleres son donas do seu propio corpo, non son propiedade nin do seu marido nin de Rouco nin de Herman Tertsch.

Dito isto, eu estou de acordo con Gallardón en que no Estado Español sí hai violencia estrutural. 

Entendemos por violencia estrutural a violencia que afecta a un colectivo determinado, que é resultado da acción producida a través de mediacións institucionais ou estruturais. En este tipo de violencia os señores da gaivota son expertos, e véñena practicando sistemanticamente dende que chegaron ó poder o 20 de novembro.

Exemplos de violencia estrutural exercida polo PP hai moitos:

1. Ca nova reforma laboral O dereito á maternidade queda supeditado ós intereses do empresario. Os convenios poderán regular as horas ás que a nai pode dar o peito. O permiso por maternidade só o poderá collelo un dos pais e elimínase a prioridade da nai para escoller o horario nas reducións de xornada.

2. Tendo en conta que son as mulleres as que asumen principalmente os coidados da familia e do fogar, os recortes de gasto social adicado ás familias e á Dependencia, aféctalles directamente, serán as que asuman as consecuencias do recortes.

3. Recortouse en servizos específicos destinados á muller como servizos de axuda xurídica adicados a loitar contra a violencia de xénero.

4.O recortes no sector público, especialmente en areas nas que principalmente traballan mulleres como a educación ou a sanidade. As funcionarias estanse vendo moi afectadas, conxeláronlles o salario (70% categoría C2) quitáronlles pagas, non cobren baixas nin vacacións...

5. A perda de poder adquisitivo das xubiladas vaise ver diminuído substancialmente por mor da suba de impostos, o copago sanitario e medicamentazo. As mulleres reciben de media pensións un 61% máis baixas que as dos homes e o 70% de quenes reciben pensións non contributivas son mulleres.

Podería poñer algunha máis pero creo que xa queda bastante claro o ben que vos tratan...

Se alguén ten motivos para saír a rúa e indignarse, sodes as mulleres. Eu estou con vós.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Miseria


Hai uns meses houbo un balbordo incrible a raíz dunha reportaxe do New York Times sobre a pobreza no Estado Español. Os max media españois e políticos puxeron o grito no ceo, falaban de realidade distorsionada, de sensacionalimo que si a chorrada da marca España...

http://www.nytimes.com/2012/09/25/world/europe/hunger-on-the-rise-in-spain.html
Pois ben, hoxe como todolos días fun comprar algo para o xantar e á saída abordoume un home. O señor debía de andar arredor dos 40 anos e portaba o carriño da compra.  O señor díxome "por favor, non teño medios, agradeceríache que me comprases un cartón de leite ou unha barra de pan..." As súas palabras soaban a tristura e a desesperación, soaban a fame e miseria...  

Cando volvin onde el cunhas galletas e leite, ensinoume o que a xente lle había dado e agradeceume a miña pequena contribución.

Non fun quen de miralo á cara, sentiame mal, por non haber baixado con máis cartos, porque formo parte dunha sociedade que permite que haxa persoas que non teñen nada para levar á boca.


Se antes xa me parecía asqueroso que os medios e os políticos negasen a realidade agora máis...