jueves, 21 de marzo de 2013

Educación Pública, Universal e Gratuíta

Por que digo isto? Moi fácil, a educación é como a sanidade, CURA. A educación cura a ignorancia, a intolerancia, o racismo, a violencia, o medo,o clasismo, a desigualdade, a fame...

Ademáis de curar estas "enfermidades" ten un forte efecto sinérxico de tal forma que si mellora un melloramos todos.Un exemplo claro do que pode supoñer a educación  para unha persoa e para unha comunidade é o caso de William Kamkwamba.

A de talentos e curiosidades insaciables sen aproveitar que se quedarían por ahí por falta de cartos...
Seguindo co siloxismo da sanidade, se soubeses que o tratamento que lle estás aplicando a un paciente é o correcto e sabes a ciencia certa que é o que o vai curar, limitarías o esforzo terapéutico?

NON, pois o mesmo debería pasar ca educación. Esperemos que algún día os gobernos e a sociedade se se dean de conta do craso erro que cometemos poñendo límites á educación.

















lunes, 18 de marzo de 2013

Moito mal...

Hoxe dándolle voltas á materia de Xestión dos Servizos de Enfermería  encontreime cunha situación ben ben curiosa.

Empecei a ler o tema e empezan a contarme as fazañas dun señor chamado Henry Fayol.  Resulta que este home hai xa unha chea de anos propuxo os 14 piares ou principios da Administración. Ata aquí nada novo, un coñazo como é de esperar desta materia.

 Púxenme e lelos como quen mira a lista do super e ó final de todo encontrei un que me chamou a atención. O señoriño este establecía como un dos piares  a Estabilidade no posto.

Resulta paradóxico, máis ben, moi, moi, paradóxico que o temario que estudas para traballar nun hospital fale de algo que despois no caso dos enfermeiros moi rara vez se cumple. Estabilidade no posto? JAJAJAJAJA,



Como reza a BIO de @enfermerasaturada "Empiezo el turno en planta, bajo a uci, subo a prematuros y termino en urgencias" de estarnos quietas nada! Un día nun servizo, ó seguinte día noutro e así pásaste un montón de anos...

Que calidade asistencial podemos ofertar traballando deste xeito? Non digo que se poña en perigo a integridade do paciente nin moito menos, pero unha enfermeira que un día traballa en trauma, ó mes está en derma e ó ano está en medicina interna non pode garantir a mesma calidade asistencial que alguén que leva 4 anos traballando nun servizo pero bueno parece que os "mandamases non se leron o temario que a ti che mandan estudar para o EIR ou para a OPE...

Que vida esta... xd

domingo, 25 de noviembre de 2012

Violencia Estrutural

Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hai un tempo, o "liberal" reconvertido a fascista popular, o señor Gallardón, presentou no congreso dos deputados a teoría da violencia estrutural. Non hai teoría en este mundo, máis xenuína e rompedora. Nin a mesmísima Teoría de Cordas lle fai sombra.
O neofascista sostiña ó seguinte: “El legislador no debe ser indiferente a la situación de muchas mujeres que ven violentado su derecho a ser madres por la presión que ejercen a su alrededor determinadas estructuras”

Eu fixen durante un tempo prácticas en xinecoloxía, vin e tratei a mulleres que ían abortar. Xuro que entre o instrumental que utilizábamos nesa unidade non había nin tasers nin fustas nin ningún tipo de ferramenta utilizada para obrigar a abortar a ninguén. Tampouco vin xente dos sindicatos, nin do PSOE, EU, 15M, nin da FELGTB adoutrinando mulleres para que abortaran.

As mulleres son donas do seu propio corpo, non son propiedade nin do seu marido nin de Rouco nin de Herman Tertsch.

Dito isto, eu estou de acordo con Gallardón en que no Estado Español sí hai violencia estrutural. 

Entendemos por violencia estrutural a violencia que afecta a un colectivo determinado, que é resultado da acción producida a través de mediacións institucionais ou estruturais. En este tipo de violencia os señores da gaivota son expertos, e véñena practicando sistemanticamente dende que chegaron ó poder o 20 de novembro.

Exemplos de violencia estrutural exercida polo PP hai moitos:

1. Ca nova reforma laboral O dereito á maternidade queda supeditado ós intereses do empresario. Os convenios poderán regular as horas ás que a nai pode dar o peito. O permiso por maternidade só o poderá collelo un dos pais e elimínase a prioridade da nai para escoller o horario nas reducións de xornada.

2. Tendo en conta que son as mulleres as que asumen principalmente os coidados da familia e do fogar, os recortes de gasto social adicado ás familias e á Dependencia, aféctalles directamente, serán as que asuman as consecuencias do recortes.

3. Recortouse en servizos específicos destinados á muller como servizos de axuda xurídica adicados a loitar contra a violencia de xénero.

4.O recortes no sector público, especialmente en areas nas que principalmente traballan mulleres como a educación ou a sanidade. As funcionarias estanse vendo moi afectadas, conxeláronlles o salario (70% categoría C2) quitáronlles pagas, non cobren baixas nin vacacións...

5. A perda de poder adquisitivo das xubiladas vaise ver diminuído substancialmente por mor da suba de impostos, o copago sanitario e medicamentazo. As mulleres reciben de media pensións un 61% máis baixas que as dos homes e o 70% de quenes reciben pensións non contributivas son mulleres.

Podería poñer algunha máis pero creo que xa queda bastante claro o ben que vos tratan...

Se alguén ten motivos para saír a rúa e indignarse, sodes as mulleres. Eu estou con vós.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Miseria


Hai uns meses houbo un balbordo incrible a raíz dunha reportaxe do New York Times sobre a pobreza no Estado Español. Os max media españois e políticos puxeron o grito no ceo, falaban de realidade distorsionada, de sensacionalimo que si a chorrada da marca España...

http://www.nytimes.com/2012/09/25/world/europe/hunger-on-the-rise-in-spain.html
Pois ben, hoxe como todolos días fun comprar algo para o xantar e á saída abordoume un home. O señor debía de andar arredor dos 40 anos e portaba o carriño da compra.  O señor díxome "por favor, non teño medios, agradeceríache que me comprases un cartón de leite ou unha barra de pan..." As súas palabras soaban a tristura e a desesperación, soaban a fame e miseria...  

Cando volvin onde el cunhas galletas e leite, ensinoume o que a xente lle había dado e agradeceume a miña pequena contribución.

Non fun quen de miralo á cara, sentiame mal, por non haber baixado con máis cartos, porque formo parte dunha sociedade que permite que haxa persoas que non teñen nada para levar á boca.


Se antes xa me parecía asqueroso que os medios e os políticos negasen a realidade agora máis...

martes, 23 de octubre de 2012

Síndrome de Estocolmo á Galega


Despois do suicidio electoral galego púxenme a pensar que pasara. Cheguei á conclusión de que vivo nunha sociedade enferma.

O cadro sitomático é grave, pode levala á súa destrución. Digo isto porque unha sociedade que rexeita a súa identidade, que deixa de lado a súa lingua e que rexeita valores como a equidade, a solidaridade e a igualdade é unha sociedade enferma.

E a cousa non remata ahí, tamén está enferma o seu psique, porque se algo deixou patente o 21 de outubro é que o pobo galego padece un Síndrome de Estocolmo de libro.

Agora é tempo de establecer medidas para garantir a vida do enfermo e de realizar o antibiograma para empezar a tratar enfermidade.

domingo, 30 de septiembre de 2012

Se non nos deixades soñar non vos deixaremos durmir

A crise está a impor ós cidadáns un Estado Policial e Totalitario. Este Estado que estamos a sufrir actualmente, está violando sistematicamenteos dereitos fundamentais. Con todo hai un dereito non recoñecido que non poden violar e que xamáis nos poderán quitar, o Dereito a Soñar.

Poderán corrernos a paus para que non nos xuntemos nunha praza, poderán acalar as voces do pobo controlando medios de comunicación  pero nunca poderán facer que os cidadáns deixen de soñar cunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaría. Mentres estes soños perduren, a loita seguirá.